Galiñas checas Facebook Twitter LinkedIn

Razas tradicionais de galiñas checas


  • Domicilio
  • Historia das galiñas checas
  • Galiña checa dourada atigrada
  • Galiña de Šumava
  • Venda de ovos para incubar
  • Contacte connosco
  • Historia das galiñas checas

    As galiñas checas son unha vella variedade local, a historia da cal pode rastrexarse dende hai séculos. A primeira mención data de 1205, cando lle ofrecen a Valdemar II de Dinamarca un bando de galiñas checas como presente pola súa voda coa princesa checa Margarita de Bohemia. Adoitaban criarse galiñas de moitas cores, a miúdo unha mistura de dourado e cor silvestre. As galiñas checas derivan de galiñas campestres, de razas autóctonas que se criaron no territorio da República Checa até a mediados do século XIX. Dende esa época, estas galiñas autóctonas comezaron a cruzarse con galiñas importadas de razas estranxeiras e as galiñas checas puras pasaron a estar en perigo de extinción.

    foto Galiña checa dourada atigrada, galiña foto Galiña checa dourada atigrada, galo

    Por iso, en agosto de 1913, Karel Škoda (nacido o 3 de febreiro de 1862, finado o 1 de maio de 1927), de Havlíčkův Brod, comezou un criadeiro xuntando as galiñas campestres que ficaban nas terras altas de Bohemia-Moravia e mais na rexión de Humpolec. Karel Škoda estableceu dúas cepas – unha a partir das galiñas da vila de Komorovice, a segunda a partir das galiñas que comprara nunha granxa da vila de Český Šicendorf (hoxe parte da vila de Stříbrné Hory). En 1924-1925 a raza proveniente de Komorovice foi recoñecida e chamada Galiña checa dourada atigrada e a raza proveniente de Český Šicendorf foi chamada Galiña checa perdiz. Čestmír Sedlák (nacido en 1890, finado o 5 de xuño de 1957) estableceu un criadeiro cos exemplares de galiñas autóctonas que se conservaban nas rexións de Klatovy e Dobříš. Ámbalas poboacións cruzáronse máis adiante. A galiña checa dourada atigrada clasificouse como variedade economicamente importante en 1936. En 1985 había 3.600 galiñas en réxime de cría controlada. As galiñas checas douradas atigradas incluíronse entre os recursos xenéticos checos en 1992. A variedade de galiñas ananas checas (Bantam) creouse ao longo do século XX.

    foto Galiña checa dourada atigrada, pito foto Galiña checa dourada atigrada, pito

    Galiñas de Bohemia (Šumava)

    A galiña orixinal de Bohemia (Šumava) é unha vella raza criada, sobre todo, nas abas da Selva de Bohemia (chamada Šumava en checo). É probábel que sexa unha das diversas variantes rexionais das galiñas checas. Desafortunadamente, as galiñas orixinais de Bohemia (Šumava) extinguíronse. A historia moderna desta raza comezou a partir de 1945. Para a recuperación seleccionáronse galiñas das rexións de Vimperk e Kašperské Hory, que eran as mais similares ás galiñas de Bohemia (Šumava) orixinais. Estas galiñas cruzáronse con varias razas de tamaño mediano como as galiñas de Rhode Island, Wyandotte, Plymouth Rock, New Hampshire e máis tarde coas galiñas checas. O resultado deste proceso de cruzamento de razas coñécese como raza de galiña de Bohemia (Šumava), que é, mesmo así, un pouco diferente da orixinal. As galiñas de Bohemia (Šumava) consérvanse só en cor dourada cun manto negro sobre o corpo e cola negra.

    Galiñas checas > Historia das galiñas checas

    Copyright © Galiñas checas, 2008-2024. Todos os dereitos reservados Última actualización 01. abril 2024