Galiñas checas
Razas tradicionais de galiñas checas
Galiña checa dourada atigrada
Características das galiñas checas douradas atigradas
A galiña checa dourada atigrada é unha raza de galiñas lixeira. Está ben adaptada ás condicións ambientais máis duras da Europa central. Ten moito temperamento, é tímida, cautelosa, modesta na alimentación e mais na crianza, resistente, robusta e moi activa. Estas características fana axeitada para a crianza en semicativerio e mais para crialas en grandes currais onde as galiñas poden atopar moita comida pola súa conta.
Os galos pesan 2,3-2,8 kg, as galiñas 2-2,5 kg. As galiñas son boas poñedoras, producen 150-190 ovos ó ano de 55-60 gramos de peso. A cor dos ovos é crema (amarelento a marrón pálido). A carne é de excelente calidade, suculenta e tenra. As galiñas chocas teñen un moi bo instinto maternal para incubaren os ovos e criaren os polos.
Cores
A variedade orixinal é de cor dourada atigrada e perdiz. Máis tarde desenvolvéronse outras variantes de cor: dourada, prateada atigrada, negra e negra-branca. A presenza de diferentes xenes que controlan a cor das plumas produce as variadas cores da plumaxe. Todas as variantes de cor teñen as mesmas características de uso.
Tamaño do anel
galo 18 mm
galiña 16 mm
Galiñas ananas checas
A variedade de galiñas ananas checas creouse durante o século XX. Os galos pesan 0,9-1,2 kg, as galiñas 0,7-1 kg. As galiñas producen 100-120 ovos ó ano cun peso de 40 gramos. Hainas douradas atigradas e prateadas atigradas.
Tamaño do anel
galo 13 mm
galiña 11 mm